Representaron ademáis unha escena de reclamación ou devolución de compra diante dos compañeiros coidadando aspectos como: fluidez da conversa, claridade da exposición, argumentación, actitude e ton de respecto...
Traballaron cos ordenadores (EDIXGAL) para a busca de información e tamén co libro de lectura “As Meigas de Lupa” de María Solar.
Os obxectivos que traballamos foron os seguintes:
1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
- Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuyos protagonistas foron os míticos de Galicia.
- Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia.
- Descritivo: Descrición dun objeto máximo.
- Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico.
- Instrutivo: Instruccións para elaborar unha receita para unha apótema de amor ou outras ou outras...
- O teatro: Elaborar o guión para a escena da devolución do obxecto máxico
- A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitiço ou conjuro.
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos.
5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.