AS NOSAS VECIÑAS DO AIRE




 Este curso 2023-24 o alumnado de 1º ESO, dentro do proxecto de "Diario de Campo",  estudaron o nome en galego  das aves que podemos ver a cotío e nos amenizan cos seus cantos e as súas cores. Realizaron varias actividades con este léxico (glosario, xogos, Kahhots...), e entre elas a actividade "As nosas veciñas do aire" que realizaron xunto coa materia de Ed. Plástica e Visual. Nesta actividade buscaron e elixiron un paxaro para debuxalo  e pintalo con témperas. Pintáronos polos dous lados, recortáronos e fixéronlles un buratiño por onde poder colgalos. Fixeron despois unha exposición con todos eles no corredor que leva ás súas clases para poder lembrar e repasar os seus nomes cada vez que os observan.