Este 2º trimestre, os alumnos de 1º da ESO, realizaron un proxecto titulado "Proxecto de Ortografía" tanto na materia de lingua galega coma na de lingua castelá.
Escribir é comunicarmos. Se a ortografía é incorrecta, a mensaxe chegará defectuosa e, polo tanto, a comunicación non será a axeitada.Unha boa ortografía é a base, ademais do contido, dun texto ben escrito, pero chegar a dominala require de moita práctica. Saber escribir ben é imprescindible á hora de redactar textos formais como solicitudes, instancias, reclamaciós, pero tamén para participar con corrección en blogs, foros e mensaxería en xeral. É por esta razón que no colexio insistimos na súa aprendizaxe e valorámola como algo moi positivo, non só para conseguir uns bos resultados académicos, senón tamén como unha estratexia máis necesaria para a vida, para que os demais os comprendan e como signo da súa futura profesionalidade, pensamento e razoamento ordenado.
Para acadar todo iso, realizaron e aprenderon diversas técnicas que aplicaron en diferentes momentos do trimestre e pensamos seguir aplicando o resto do curso.
Sistemas de Comunicación:
Sistema de comunicación Braille para persoas invidentes.
Sistema de comunicación de Linguaxe de Signos para persoas xordas (LSE)
Sistema Braille
Emprego dunha oveira para a aprendizaxe das letras.
Linguaxe de Signos Español (LSE)
Exercicios de Visualización:
Visualización de palabras: Imaxinar unha palabra visualizándoa e imaxinando a letra difícil máis grande, doutra cor, cambiala de sitio... Imaxinar a palabra escrita no aire e escribir por enriba dela coma se o dedo fora un xiz. Escribir a palabra na palma da man co dedo...
Memoria visual: Realización de exercicios para a mellora da memoria recordando imaxes e palabras.
Ortografía Ideovisual:
Debuxo de letras: Convertir as letras que presentan algunha dificultade en debuxos relacionados co seu significado, para axudar a recordar a súa escrita.
Comprensión e Expresión escrita:
A aprendizaxe e memorización das normas ortográfiacas é imprescindible para a aplicación destas na escrita.
Realización de glosarios, encrucillados, sopas de letras, aforcados e outros xogos de palabras axudan tamén a memorizar palabras difíciles..
A lectura e comprensión de textos, así como a copia e o ditado, axudan moito a mellorar a ortografía.
