Proxecto TELEXORNAL de 2º ESO Curso 2018-2019

Durante o 2º trimestre os alumnos de 2º da ESO realizaron, de novo este ano, o proxecto "TELEXORNAL" na materia de Lingua Galega. Realizaron unha serie de actividades, reflectidas nun CANVAS, para a consecución do produto final, consistente na grabación dun telexornal onde se tiña que relatar dúas noticias de actualidade, varias de deportes, unha reportaxe do Camiño de Santiago, o Tempo e algún anuncio de TV. Todas estas noticias foros redactadas polos alumnos, empregando para iso o vocabulario a ortografía e gramática estudada en clase así como os diferentes tipos de textos empregrados para cada caso.

Todas as tarefas que realizaron ata a gravación do noticieiro foron realizadas en traballo cooperativo e en grupos de 8 ou 9 alumnos:
  • Organigrama para distribuír as diferentes funcións e organizar os tempos para cada tarefa. 
  • Guións para cada tipo de noticia. 
  • Investigación sobre o vocabulario necesario para a realización do guión e a elaboración das diferentes actividades do libro de texto do vocabulario sobre "A Administración Pública", "A Igualdade", "O Fútbol e outros deportes", "A Hostelaría", "O Tempo Meteorolóxico" e "A Publicidade". 
  • Revisión dos guións atendendo ás normas ortográficas e gramaticais estudadas para este proxecto e durante o curso. 
  • Ensaio preparatorio para correxir os posibles erros antes de gravar. 
  • Gravación das diferentes noticias coa técnica do Chroma Key.
A gravación foi realizada cunha tablet e a montaxe foi realizada coa aplicación iMovie.

Creo que o resultado é máis que satisfactorio. Felicidades rapaces e rapazas pola vosa colaboración, polo voso esforzo  e polo alto nivel de traballo que amosastes. Espero que o pasárades tan ben coma min.






Aínda que todos os alumnos gravaron a súa noticia, non todos pudieron saír no telexornal porque sería demasiado longo, así que deixo algunhas fotos onde saen mentres gravaban diante do fondo verde do chroma antes da montaxe.











E este é o CANVAS que se empregou para o proxeto.