A Arte da Palabra Na Cultura Hip-Hop


Onte os alumnos de 3º ESO puideron gozar dun obradoiro que lles permitiu achegarse á "cultura hip hop", así como iniciarse e afondar no ámbito do rap. Primeiro, recibiron unha charla que lles permitiu coñecer cales son as orixes desta cultura e posteriormente, traballaron por grupos na elaboración e interpretación das letras creadas por eles mesmos.

Con este obradoiro pretendíase: potenciar o uso da lingua galega por medio do rap, transmitir a comunicación a través da arte da palabra rítmica, activar os alumnos a nivel artístico e cultural  e coñecer a cultura hip hop desde unha perspectiva de desenvolvemento.

Aquí podemos ver unha mostra do ben que o pasaron e o moito que aprenderon.