Obxectivos do Departamento


Administración
Amplia-lo uso do galego nas comunicacións escritas: anuncios, notificacións, comunicados, correspondencia con diversas entidades (ANPA, Concello, empresas...)
Galeguiza-la rotulación do centro.
Pastoral
  • Promove-las celebracións e eucaristías en galego.
  • Face-la oración da mañá en galego.
  • Entrar na rede Remol, servicio litúrxico con materiais para as celebracións, peticións, oracións,... para secundaria.
  • Adquisición de materiais para o departamento: biblias, dicionarios, lecturas...
  • Ofrecemento humano por parte do EDL para a tradución, asesoramento de materiais para o departamento
Profesorado
  • Clarificación das normas lingüísticas ó grupo de mestres que imparten a materia de lingua ou fan uso do idioma no seu currículo.
  • Fomenta-lo uso da lingua galega nas entrevistas cos pais por parte dos titores ou profesores.
  • Asesoramento lingüístico ós membros da comunidade.
  • Galeguización dos documentos que empregamos para a comunicación coas familias.
Alumnado
  • Fomentar actitudes lingüísticas positivas cara ó feito cultural galego: lingua, costumes, festas e celebracións tradicionais...
  • Recollida de traballos elaborados por eles para a súa posterior publicación na revista do colexio e exposición dos mesmos.
  • Traballar con eles nas diversas campañas de promoción do idioma como concursos...
  • Conseguir un grao de aceptación tal que a comunicación en galego non cause estrañeza, especialmente en infantil e primeiro ciclo de primaria.
  • Desperta-lo gusto pola lectura de textos literarios en galego.
  • Elaborar unha lista de actividades para promove-lo emprego do galego no centro.