CONTIDOS MÍNIMOS

1º ESO
Comunicación oral. Escoitar e falar
Comprensión de textos:
Comprensión de textos tanto do libro de texto como do libro de lectura proposto para este ano ou propios dos medios de comunicación, especialmente de novas de actualidade próximas aos intereses do alumnado.
Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas e de instrucións para a súa realización ou breves exposicións orais de temáticas variadas.
Actitude crítica cara as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes dos comentarios nos debates ou diálogos entre compañeiros .
Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.
Produción de textos:
Exposición planificada, clara e ordenada, coa axuda das TIC, en debates, probas orais ou presentación de traballos.
Participación activa en situacións propias do ámbito académico (pedimento de aclaracións, intercambio de opinións, exposición de conclusións...).
Coherencia verbal na produción dos discursos e presentacións orais.
Participación e cooperación en situacións de comunicación propias da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado ás mesmas.
Interese por producir enunciados correctos e non interferidos desde o punto de vista fonético, fuxindo dos prexuízos que adoitan relacionarse con determinados modelos de lingua oral.
Comunicación escrita. Ler e escribir.
Comprensión de textos:
Comprensión de textos sinxelos, tanto do libro de texto como do libro de lectura proposto para este ano
Comprensión de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias relacionadas coa vida cotiá, ...
Comprensión de textos do ámbito académico, atendendo especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (incluídos webs educativos e informacións de dicionarios, glosarios e enciclopedias en diversos soportes).
Aplicación de técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente e resumo.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes das informacións dos xornais. I
Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos do galego e na atención aos signos de puntuación.
Produción de textos escritos:
Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como instrucións e normas,
Composición de textos propios dos medios de comunicación, como noticias, e literarios, contos, lendas...
Composición de textos propios do ámbito académico, tarefas, resumos, esquemas e exposicións sinxelas.
Composición de textos narrativos e descritivos.
Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas e mais con adecuación á temática, fins, destinatarios... de cada escrito.
Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos etc.

2º ESO
Comunicación oral. Escoitar e falar
Comprensión de textos.
Exposición oral de noticias de actualidade.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación
Produción de tectos.
Exposición oral de maneira clara e ordenada de temas de actualidade.
Participación en situacións de comunicación reais ou simuladas propias da vida cotiá adaptando o rexistro adecuado a elas.
Utilización do diálogo como medio para transmitir ideas.
Comunicación escrita. Ler e escribir
Comprensión de textos.
Lectura e comprensión de textos relacionados cos medios de comunicación: noticias, crónicas e reportaxes.
Identificación das ideas principias e secundarias de textos instrutivos, expositivos, narrativos e poéticos sinxelos.
Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos prestando especial atención ós signos de puntución.
Lectura dos libros marcados para este curso.
Produción de textos.
Elaboración de esquemas e resumos de textos de carácter expositivo.
Redacción de textos relacionados coa vida cotiá respectando as normas ortográficas e sintácticas.
Funcionamento da lingua
Uso do léxico relacionado cos animais, deportes, alimentos e adxectivos relacionados cos rasgos físicos e de carácter.
Utlización adecuada dos signos de puntuación: punto, coma; maiúsculas e minúsculas.
Uso correcto das regras de acentuación e til diacrtíco.
Emprego adecuado do B/V, H.
Emprego adecuado do xénero e número nos substantivos, do artigo, o adxectivo e os seus graos.
Recoñecemento dos diferentes tipos de determinantes.
Identificación dos pronomes tónicos e átonos.
Coñecemento dos verbos regulares.
Recoñecemento en oracións simples de suxeito e predicado.
Diferenciación entre predicado nominal e verbal.
Identificación das seguintes funcións sintácticas: suxeito, predicado, complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial.
Diferenciación entre oracións simples e compostas.
Coñecemento das familias léxicas.
Emprego de sinónimos e antónimos.
Utilización dos dicionarios e enciclopedias como medios de consulta.
Lingua e sociedade.
Recoñecemento en textos sinxelos do rexistro formal e informal.
Educación literaria
Lectura comprensiva dos libros establecidos durante o curso.
Lectura expresiva de diferentes tipos de textos especialmente narrativos, respectando as pausas e utilizando unha entoación correcta.
Coñecemento das características do texto literario, especialmente dos textos narrativos: novela e conto.
Identificación dos elementos presentes nunca narración: narrador, personaxes, tempo e espazo.
Recoñecemento dos seguintes recursos literarios: aliteración, anáfora, hipérbato, comparación)
Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.

3º ESO
Comunicación oral. Escoitar e falar
Comprensión de textos.
Comprensión de textos orais relacionados coa literatura da Idade Media (cantigas de amigo, de amor, de escarnio e maldicir, cantigas de Santa María)e do Rexurdimento.
Análise encamiñada á comprensión e á valoración crítica de textos de diferente tipo procedentes dos medios de comunicación.
Comprensión de textos de carácter narrativo, lírico e dramático.
Produción de textos.
Exposición clara e ordenada sobre temas de interese para ó alumnado tomados dos medios de comunicación.
Participación activa na clase na exposición de traballos, empregando unha entoación e os rexistros adecuados.
Uso correcto do vocabulario nas exposicións orais.

Comunicación escrita. Ler e escribir
Comprensión de textos escritos
Lectura expresiva e comprensiva dos libros propostos para o curso.
Lectura en voz alta fluída de diferentes tipos de textos, especialmente daqueles pertencentes ó xénero lírico.
Detección do tema e subtemas de textos pretencentes á Idade Media e ó Rexurdimento; así como resumos dos mesmos.
Elaboración de esquemas e resumos de textos relacionados cos medios de comunicación ou coa vida cotiá.
Producción de textos escritos
Composición de texto propios, nos que utilcen o vocabulario aprendido durante o curso.
Planificación, revisión e boa presentación de textos escritos, respectando as normas ortográficas, gramaticais e sintácticas.

Funcionamento da lingua
Uso do léxico relacionado con: emocións e sentimentos, o tempo atmosférico, árbores, froitos e floresformas de ser, o tempo cronológico, as artes , o teatro, a informática, a prensa e a paisaxe.
Utlización adecuada dos signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, puntos suspensivos, dous puntos, parénteses e raia; maiúsculas e minúsculas.
Uso correcto das regras de acentuación e til diacrtíco.
Emprego adecuado do B/V, H, S/X, L/LL intervocálicos, N/Ñ intervocálicos, -CC-/-CT-.
Identificación da estrutura das palabras: lexemas, morfemas flexivos e derivativos (prefixos e sufixos)
Emprego adecuado do xénero e número nos substantivos, do artigo, o adxectivo e os seus graos.
Recoñecemento dos diferentes tipos de determinantes.
Identificación dos pronomes tónicos e átonos e colocación dos pronomes átonos.
Coñecemento dos verbos regulares e algúns irregulares.
Coñecemento do infinitivo conxugado e das perífrases verbais.
Coñecemento das familias léxicas.
Utilización dos dicionarios e enciclopedias como medios de consulta.

Lingua e sociedade
Valoración positiva do plurilingüismo como expresión de riqueza cultural da humanidade.
Coñecemento xeral das distintas etapas da historia social do galego dende a súa orixe ata o século XIX.
Comprensión da situación sociolingüística galega a través do estudo de fenómenos de contacto: conflito lingüístico, diglosia, bilingüismo e interferencias lingüísticas.

Educación literaria
Lectura expresiva e comprensiva de libros propostos durante o curso.
Coñecemento do nacemento da literatura galego-portuguesa.
Audición, lectura e comprensión de textos poéticos recitados da literatura galega desde a Idade Media ata o s.XIX.
Tratamento das temáticas máis recorrentes presentes nas cantigas de amor, amigo, escarnio e maldecir; así como na obra dos autores do Rexurdimento (Rosalía, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)
Identificación de recursos propios das cantigas: paralelismo, refrán e leixaprén.
Análise de diferentes recursos estilísticos presentes na poesía: aliteración, anáfora, paralelismo, comparación, metáfora, metonimia, epíteto, hipérbato, hipérbole e personificación.

Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.

4º ESO
Comunicación oral. Escoitar e falar
Comprensión de textos orais.
Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de respecto, cooperación e interese ante as intervencións orais doutros compañeiros.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, rexeitando actitudes discriminatorias.
Utilización correcta da lingua galega oralmente.
Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico.
Participación activa en debates e noutras situacións comunicativas.
Produción de textos orais.
Presentacións orais ben organizadas sobre temas de actualidade...
Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos.
Interese por producir enunciados correctos.
Comunicación escrita: ler e escribir.

Lectura fluída de diferentes tipos de textos. 
 
Comprensión de textos propios da vida cotiá. 
 
Comprensión de textos literarios e detección do tema e dos subtemas deles.
Composición de textos respectando as regras ortográficas, os procedementos de cohesión e amosando unha boa presentación.
Funcionamento da lingua
Uso do léxico relacionado sentidos e sensacións, o tempo cronolóxico, a xustiza e as leis, o tempo de lecer, o aspecto físico e a comunicación.
Utilización adecuada dos signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, dous puntos, o til e o til diacrítico, as mayúsculas e minúsculas.
Recoñecemento dos diferentes tipos de frases.
Identificación das seguintes funcións sintácticas: suxeito, predicado, complemento directo, complemento indirecto, complemeto circunstncial, atributo, complemento predicativo, suplemento e complemento axente.
Coñecemento dos verbos regulares e dalgúns irregulares: Haber, ser, estar, saber, dicir, dar, ter, ir.
Diferenciación entre oracións coordinadas e subordinadas, recoñecendo os seus nexos principias.
Lingua e sociedade
Coñecemento da situación actual do idioma galego: lexislación que regulamenta o uso das linguas oficiais de Galicia. (De acordo co Plan Lector)
Identificación das variedades xeográficas da lingua galega.
Educación literaria
Coñecemento das características fundamentais da literatura galega dos séculos XX e XXI.
Identificación dos principais autores e das súas obras: Cabanillas, Vicente Risco, Castelao, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Noriega Varela, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín, Neira Vilas e Carlos Casares.
Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.