Ledicia Costas



Hoxe, os alumnos de 1º ESO recibiron a visita dunha das escritoras de maior éxito no ámbito da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, Ledicia Costas. Esta muller, autora de diversas obras como: "Escarlatina, a cociñeira defunta" (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil), "O corazón de Xúpiter", "Unha estrela no vento" e "A balada dos unicornios", obra co que gañou o "Premio Lazarillo" e da que nos veu falar, conseguiu atrapar aos nosos alumnos nun mundo onde a fantasía e a ciencia van da man.