Día das letras Galegas 2019



Un ano máis celebramos no noso colexio o "Día das Letras Galegas" adicado este 2019 a "Antón Fraguas Fraguas", escritor, profesor, historiador, etnógrafo e antropólogo pontevedrés que adicou a súa vida a defender a cultura e a lingua galega, así como as nosas tradicións.


Autor de numerosas obras como: 

-"A festa popular en Galicia"
-"Literatura oral en Galicia"
-"Lugo"
-"Romarías e santuarios"
-"Celso Emilio Ferreiro"

Recibiu moitos premios entre os que cabe destacar: "Pontevedrés do ano", o "Pedrón de Ouro", a "Medalla Castelao", o "Premio Otero Pedrayo" e o "Premio das Artes e das Letras de Galicia".

Para festexar este día os rapaces coñeceron e traballaron a vida e a obra deste ilustre escritor, recolleron imaxes e palabras relacionadas cos instrumentos musicais típicos galegos, a nosa gastronomía, os aparellos de labranza, as embarcacións e a arquitectura e a vestimenta propiamente galegas. Ditas imaxes cos seus nomes adobiaron os corredores do colexio, para que todos puideramos ter acceso a elas.

Ao longo da mañá do 16 de maio, celebrouse un acto onde os alumnos puideron asistir á proxección dun Power Point sobre "Antón Fraguas Fraguas", escoitaron como un grupo de rapaces de 4º de ESO recitaron varios poemas de escritores e escritoras galegos, puideron gozar dunhas pezas musicais tocadas coa gaita e con pandeiretas e remataron cantando o "Himno de Galicia".