Desmontando os Prexuizos e as Mentiras contra a Lingua Galega

Os alumnos de 4º ESO recibiron unha charla sobre os prexuízos que existen na nosa sociedade con respecto á lingua galega.
O conferenciante comezou comentándolles aos rapaces que non só existen prexuízos lingüísticos, senón tamén culturais, xeopolíticos, ...
Moitos dos prexuízos lingüísticos que existen hoxe en día están relacionados coa suposta falta de unidade do galego, co feito de que esta é unha lingua de pobres ou ignorantes, con que usar o galego é un sinal de descortesía ou má educación, mesmo que hai xente que cre que é unha lingua ruda ou fea, non válida para a xente nova ou que empregar o galego é unha marca ideolóxica.
Ao final da súa exposición, o xove que deu a charla, fixo que os alumnos definisen o que para eles era un prexuízo e conseguiu que foran máis conscientes da necesidade de empregar e defender o uso do galego, xa que é a lingua propia de Galicia e un sinal de identidade de todos nós.

Aquí tedes unha mostra do atentos que estiveron.