Charla María Reimódez

Os alumnos de 3º ESO recibiron a visita da escritora María Reimóndez Meilán, autora de "Fóra do normal", libro que están a ler neste terceiro trimestre.

Escritora e doutora en tradución e interpretación María Reimóndez adéntranos no mundo dun grupo de adolescentes con diferentes problemas, onde un deles, André, ten un grande conflito de identidade. Este balerase do mundo dos cómics e da amizade que lle outorgan Mucha, Martín e Xela para conseguir non ter medo e aceptarse como é.

Con "Fóra do normal" esta escritora gañou o "Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade". Con esta novela María Reimóndez pretende facer visible a diversidade que existe na nosa realidade e identifica as persoas que non ceden ante os prexuízos de diferentes tipos con heroes e heroínas contemporáneas.

Aquí tedes unha mostra da charla.