Proxecto de 2º ESO "Meigas Fóra"



Neste curso, durante todo o primero trimestre, os alumnos de 2º da ESO realizaron un proxecto cooperativo titulado “MEIGAS FÓRA”. Este proxecto tiña como produto final a elaboración das páxinas dun “Gran Libro” de conxuros, apócemas, seres míticos, obxectos mágicos..., que decoraron dando un aspecto antigo (empregando para tal efecto café ou té e queimando ou rasgando os bordes das follas) e con debuxos para dar unha aparencia máis tenebrosa.

Os obxectivos que traballamos foron os seguintes:

1. Fomentar a escritura e a comprensión lectora.
2. Potenciar a expresión oral e escrita.
3. Aprender a recoñecer e elaborar distintos tipos de textos:
  • Expositivo: Redactar a entrada dunha enciclopedia cuyos protagonistas foron os míticos de Galicia. 
  • Narrativo: Escribir unha pequena historia relacionada cos personaxes da entrada para a enciclopedia. 
  • Descritivo: Descrición dun objeto máximo. 
  • Argumentativo: Redactar unha reclamación e devolución da compra do obxecto máxico. 
  • Instrutivo: Instruccións para elaborar unha receita para unha apótema de amor ou outras ou outras... 
  • O teatro: Elaborar o guión para a escena da devolución do obxecto máxico 
  • A poesía: Crear un caligrama ou poema visual cun enfeitiço ou conjuro.
4. Aprender diferentes aspectos lingüísticos como: as clases de palabras, as regras ortográficas xerais, as maiúsculas, a oración, a acentuación e o acento diacrítico, o suxeito (as oración impersoais), o predicado (as perífrasis verbais ),...
5. Adquirir novo vocabulario relacionado co mundo da maxia e a mitoloxía galega.
6. Fomentar o uso das TIC e o traballo cooperativo e colaborativo na aula. 

   Como ferramenta motivadora empregamos a gamificación por medio de insignias. Así, segundo os seus logros, recibiron por correo electrónico a insignia correspondente aos puntos obtidos. Había 3 insignias con puntos positivos, supermeiga/o (10p), axudante de meiga/o (9p), aprendiz de meiga (8p) e 2 que restaban puntos, un troll  e unha bruxa malvada. De chegaren a conseguir 100 puntos poderían elexir entre varios premios.







"GRAN LIBRO" de MAXIA




Portada do GRAN LIBRO


Lomo do GRAN LIBRO



AS PÁXINAS INTERIORES 
    A primeira páxina que incluímos é unha breve a presentación do proxecto e o Índice. A partir de aí, xa fomos introducindo as páxinas cos diferentes tipos de textos entre os separadores de cores elaborados por min.  

















COMO REALIZAMOS O PROXECTO

  En canto decidín  comezar, a principios de trimestre, o primeiro que fixen foi presentarlles o proxecto, explicarllo, repartir a cada grupo de 4 compoñentes o canvas e facer que o leran en voz alta para que apuntaran as dúbidas que xurdiran.




   Unha vez lido o canvas e solucionado calquera dúbida sobre o proxecto, tiveron que elaborar o organigrama distribuíndo os días, as tarefas e os roles do equipo cooperativo que ían desempeñar cada un.


   Xa organizados, co organigrama cubierto e co compromiso de cumprilo, "atacaron" a parte de vocabulario, ortografía e gramática realizando os exercicios do libro con estratexias de traballo cooperativo (1, 2, 4; folio xiratorio, grupo de expertos...) 






   Para realizar os exercicios e buscar información necesitaron empregar as tablets e o ordenador de clase ou de casa, de non remataren en clase.



  Unha vez rematada esta parte, máis ou menos na metade do proxecto, realizaron un control destes contidos, e despois comezaron a elaborarar a parte de comunicación oral e escrita  cos diferentes tipos de textos. As páxinas preparáronas (queimaron os bordes, decoraron con debuxos e tinguíronas con café) en casa e rematáron de escribilas en clase.




   Este é un dos teatros da reclamación e devolución do obxecto máxico que realizarou un dos grupos. Todo uns actores!!




Aquí está o CANVAS 


e o ORGANIGRAMA.