PROXECTO: "SERES MITOLÓXICOS"

Os alumnos de 4º ESO A e B realizaron durante o 1º e 2º trimestre un gran proxecto. Este consistiu en investigar e traballar as lendas e o seres mitolóxicos propiamente galegos.

O proxecto desenvolveuse en varias fases. Nun principio, todos en grupos de tres e de maneira cooperativa tiveron que buscar información sobre o tema a tratar. Despois, plasmaron esa información por escrito, acompañada de imaxes. Posteriormente, cada un seleccionou un par de lendas galegas e aprendeunas de memoria. A continuación, expuxeron as súas lendas en clase diante dos seus compañeiros e por último, e como broche final, un grupo de trece alumnos fixo unha declamación de ditas lendas ante alumnos de 5º e 6º de Primaria, así como de 1º e 2º de ESO. A exposición das lendas galegas foi todo un éxito, xa que non só as aprenderon os alumnos que as traballaron, senón que tamén tiveron a gran oportunidade de coñecelas e gozar delas alumnos doutros ciclos e niveis.

Nas fotos que tedes a continuación podedes observar as diferentes fases deste marabilloso proxecto.