FRANCIA APRENDE GALEGO

A semana pasada tivemos o privilexio de recibir nas nosas clases de galego de 4º ESO a un grupo de alumnos franceses procedentes do Colexio Sagrado Corazón La Perverie de Nantes. Durante as clases puideron aprender de maneira cooperativa cales son os nosos pratos típicos, os nosos traxes, a nosa música, os nosos bailes tradicionais... e, por suposto,  escoitar o himno galego acompañado dunha serie de imaxes fermosísimas da  nosa terra galega.