CONCURSO DE CABAZAS PARA CELEBRAR O SAMAÍN

  Como todos os anos celebramos o concurso de "Cabazas sen Decorar" con moito éxito de participación, con cabazas moi diversas, raras e bonitas. Moitísimas grazas por colaborar de novo (algúns con cabazas enormes, xigantescas), por ensinarnos a todos o fermosas e incríbles que poden chegar a ser e o por amosarnos unha vez máis a extraordinaria creatividade da  natureza. Aquí tedes unha mostra da gran cantidade delas que se presentaron e a foto dos gañadores deste ano coas súas cabazas:









 Este ano ademais por primeira vez o ENLG decidímonos a propoñer o concurso de "CABAZAS DECORADAS" para o Samaín deste ano, e este é o resultado:
   Cabazas incribles, simpáticas, terroríficas... e orixinais; esculpidas, pintadas, decoradas... Vaia, todo un EXITO. Por iso o Equipo de Normalización quere agradecer a todos os participantes a súa colaboración, a súa creatividade e imaxinación, humor e simpatía. Esperamos que o ano que ven sexa tan divertido coma este Samaín 2012-13.



Aquí tedes os gañadores deste ano á mellor cabaza pintada, á mellor cabaza esculpida e á mellor cabaza decorada:



COIDADO QUE VOS PODE MORDER!!!!


Prendida aínda dá máis MEDO!!!






Esta si que é TERRORÍFICA.....

Imaxinade que díficil foi elexir o gañador coa cantidade de cabazas orixinais e divertidas que presentastes. Aquí tedes unha mostra: